Neste momento cando abras o facebook seguiremos confinados na casa. Asumimos o peche para evitar que un axente externo perigoso dane a nosa integridade no tocante a saúde. Unha peste chinesa estendeuse polo globo terráqueo e mandou poñerse a cuberto. Agora, despois dunhas cinco semanas, corroboramos a gravidade da situación (as orellas do lobo). Botamos contas e decidimos ser cautos e evitar no posible os contaxios. Portas fechadas. Innegable a preocupación e o temor que se instalou na sociedade.
Lista de preocupacións:
- Contaxiarse de COVID 19
- O benestar da familia e dos amigos
- Conservar o traballo
- Saír á rúa con tranquilidade
- Recuperar costumes e rutinas cotiás
- Cumprir cos compromisos marcados na axenda
- A xestión que fagan as autoridades deste problema
- Colaborar e axudar aos damnificados
Contra toda inquietude e arrimando o ombreiro recuperaremos o benestar e a paz. Desta saímos todos xuntos!
“Naquel día, o primeiro da semana, ao serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús e, poñéndose no medio, díxolles: Paz convosco.
Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez: Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles e díxolles: Recibide o Espírito Santo”
Están pechados na casa por medo aos xudeus, non teñen nada claro e séntense ameazados. Rolda o andazo exterminador. E, de súpeto, can da burra. A saída pasa por tranquilizarse e sentirse en paz. Paz convosco. Xesús tráelles paz e seguridade.
Quen vive unha fe auténtica transmite paz porque o seu interior reborda paz. Está escrito no evanxeo “Da abundancia do corazón fala a boca.”
Aquela xentiña humilde e amedrentada entreabriu a porta e pola regaña albiscou un mundo necesitado de paz. Heraldos da paz do Alto, pregoeiros dun mundo mellor, testemuñas do amor e da concordia, irmáns na fe, precursores do Reino.
Ti máis eu, alentados pola forza da fe, venceremos ás dificultades.
Paz no mundo enteiro. Paz convosco, e abriuse a porta...
Meu Señor e meu Deus!
#QuedaNaCasa
#RezaNaCasa