Andei polo descoñecido do corazón.
BICO E TRAIZÓN.
Expectativas frustradas. Tempos e ritmos descompasados. Decepción. Desequilibrio afectivo. Obxectivos dispares. Recordos inestables e borrosos.
Afán posesivo. Instinto de exclusividade. Éxtase quebrado. Horas que languidecen.
Ausencia permanente. Corazón desorientado e mente nubrada. Noites en vela. Desacougo...
Historia repetida en amago de traizón e fuga. Bico velenoso. Baleiro existencial. Futuro incerto. Abandono e morte.
PERDÓN E VITORIA.
Non me rindo. Resolver esta encrucillada vital pasa por non desviar a atención e establecer cada día o urxente e perentorio como única forza capaz de pór en pé á persoa. Unha traizón é o camiño máis retorto e inhumano que nos leva a descubrir unha evidencia pechada á nosa razón: AMAR. Resposta desconcertante que se dispón a perdoar...
“Dito isto, Xesús turbouse no seu interior e declarou abertamente: Con toda verdade volo digo: un de vós hame de entregar.”
“Xesús respondeulle a Pedro: ¿Que ti darás a túa vida por min? Con toda verdade cho aseguro: non cantará o galo, antes de que me negues tres veces.”
Na túa vida hai algo insubstituíble? Descubríchelo? Endexamais o cambies por moito, e moito menos, por nada.
Ama máis!
Non me falles!
#QuedaNaCasa
#RezaNaCasa