Espertar co arrecendo a primavera.

Saudar o sol que entra polas fendas das contras.

Saltar nun manto de herba cuberto de margaridas.

Tombarme boca arriba, pechar os ollos, e voar.

Adormecer co zunido da airexa que acariña as follas.

Ver unha vaca fregarse contra un valado.

Tocar unha árbore e sentila latexar.

Camiñar por un carreiro estreito á beira do rio.

Determe sorprendido co cantar dun xílgaro.

Recrearme coas filigranas das correntes de auga que cambian continuamente o aspecto do rio.

Levantar os ollos ao ceo e imaxinar caras xigantes, barcos, e portas secretas.

Correr en busca de acubillo no medio dunha escampada.

Ulir a terra húmida mollada por un trebón repentino.

Sentir un calafrío matutino, un deses que che acelera a circulación.

Coller na man un garabullo máxico e axitalo.

Deixar que falen en min os vencidos polo tempo.

As veces esquezo todo o que quero, outras ando distraído xogando a ser eu.

Que fermosa é a primavera!

Todo o que eu quero.

Pin It