Unha sensación de apatía invádeme estes días, ate estou por recoñecer un punto de preguiza importante. Contando que andamos nos derradeiros días de marzo puidera sufrir un ataque de astenia primaveral ou... será unha desas crises vencelladas co cambio de década? Por certo, a miña leva un número ben feitiño: o 5.
Expostos ao impacto de novas arrepiantes e sorpresas desagradables, vanche tocando de cerca ou de esguello situacións que desaniman e poñen banda sonora a túa película. Sucédense os días, os meses, os anos... unha e outra vez as mesmas queixas e as mesmas lerias.
Chegou Semana Santa. Como afrontala? Oe, a pesar de todo convén festexar a nosa fe.
É Xesús quen ven! levanta e sacude ese Ramallo! Si, aí ven aquel que morreu na cruz para dicirche que é bonito vivir. Arriba o ánimo! Pasa o salvador da vida e de canto amas, celébrao! Canda o ramo levas para a túa casa a presenza de Xesús, o Señor.
Que El faga medrar a nosa sensibilidade para descubrir pola fe a súa presenza.
Feliz e proveitosa Semana Santa 2024
Parroquia Santo Antonio.

