Imprimir
Visto: 228

Hai traballo e non podo ficar de brazos cruzados!

Quen son? Un xornaleiro.

A miña identidade vaise definindo polo que fago: xornaleiro, cun traballo e cun xornal. Artesán das horas felices que marcan o tempo cun ritmo de entrega e

fidelidade. As veces servo exemplar, outras escravo da desgana e da fatiga.

Un asubío doce e velaíño namentres semento, e na recollida xemidos que trocan en cantigas.

Agarda este xornaleiro a chegada do seu amo. Que recompensa tan xenerosa o cruzar da mirada tenra e do sorriso cómplice! Que xeneroso, que bo é o meu

Señor!

Viñateiro feliz, prudente e constante.